Historia Familiar

Destas terras procedemos nós, dunha familia de zapateiros e dun forte arraigo familiar que foi configurando un ethos exclusivo e en harmonía co contexto vilego, labrego, e coa propia natureza que nos arrodea.

Un nome que vai alén da familia nuclear e que dá unha estructura propia ao grupo de parentesco, que aparece representado polo nome da casa, Chiquitín.

Yunque-zapatero simboloCHIQUITIN

Chiquitín Melide

Neste contexto álzase Chiquitín Melide, como recoñecemento da nosa familia e do nome que deu pé á nosa fundación. Cunha mestura entre tradición e modernidade, conta na súa planta baixa cunha exposición etnográfica sobre o facer dos nosos antergos no traballo de zapateiro e, ademáis, engádese unha exposición sobre os artesáns que deron pé ao levantamento e esplendor da vila: zoqueiros, canteiros…
Con dezaséis habitacións, perfectamente acondicionadas hoxe en día: baño, televisión, calefacción…, e cunha terraza de cen metros cadrados, onde se poden contemplar unhas fermosas vistas do espazo labrego e natural que nos arrodea. Ademáis, conta cun bodegón e un mesón-restaurante con capacidade para cincuenta persoas, nos que poderemos degustar os embutidos máis suculentos da comarca e os chegados doutras terras galegas e peninsulares; as carnes características da comarca: o porco, o año e a tenreira; os peixes e mariscos que nos proporcionan os mariñeiros galegos, prestando especial atención ao grande manxar que supón o “pulpo”; o caldo galego e o cocido característico no noso entorno…

Uns manxares, moitos deles cociñados a base de productos locais, dos nosos veciños labregos e outros chegados doutras terras de grande nome. Neste percorrido gastronómico da oferta da casa, xogan un papel predominante os postres, entre os que hai que destacar os ricos, melindres e almendrados característicos da comarca e os postres caseiros nos que xoga un papel principal o propio biscoito que leva o nome da casa, Chiquitín.
Outro apartado no que hai que facer relevancia é o dos viños, no que se conta cunha amplísima adega na que están presentes os viños galegos de todas as denominacións (Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei), e os viños peninsulares procedentes das denominacións de orixe Rioja e Ribera del Duero. En definitiva, unha ampla oferta gastronómica que mestura a cociña caseira ca máis vangardista, feita a base de mimo, lentamente, froito do que nos ensinaron as nosas nais.